Este próximo sábado 200 deportistas daranse cita no XXXII Tríatlon Concello de Oleiros

O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00 h.

Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación terá a súa saída (ás 16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará situada no parque da Lagoa de Mera.

Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 18:00 horas –aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.