EU rexeita a volta do Rey Emérito Juan Carlos I e cualifica a súa estancia en Galicia como “un insulto á cidadanía”

“Esquerda Unida non pode senón mostrar a súa perplexidade o regreso no día de onte a Galicia do Rey Emérito a Sanxenxo despois dunha huída da xustiza e da opinión pública que se alongou durante 655 días para participar nunha regata en Sanxenxo” 

Esquerda Unida, considera que a volta a España do monarca, debería ser exclusivamente para responder ante a xustiza polos seus delitos, “dos que xa houbo probas evidentes de que foron cometidos e non para participar en actividades lúdicas. Unha volta na forma que se deu non é máis que un insulto á cidadanía e unha reafirmación nos privilexios da monarquía”.

Doutra banda, desde a organización de esquerdas, só se pode lamentar “o comportamento vasallo e sumiso do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Cualificar de «magnífica noticia» a estancia dun delincuente probado en terras galegas é canto menos sorprendente e decepcionante”.

Para finalizar. Esquerda Unida participará e apoiará todas as convocatorias que se realicen nos próximos días contra a estancia do monarca na nosa terra. E espera que a próxima vez que o Rey volva ao Estado español, “sexa para ser xulgado polos seus delitos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.