Francisco Blanco ingresa na Real Academia de Medicina de España

O profesor da Universidade da Coruña, Francisco Javier Blanco García, ingresou na Real Academia de Medicina de España como Académico Correspondente da área de Reumatoloxía.

Francisco Blanco é profesor titular de Reumatoloxía na Facultade de Fisioterapia, pertence á área de Medicina do departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas. Ademais é xefe de sección de Reumatoloxía Clínica e Traslacional do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e lidera o grupo de investigación de Reumatoloxía do Instituto de Investigación Biomédica deste hospital.

O acto formal de ingreso tivo lugar o pasado día 17 de maio na sede da Real Academia de Medicina de España e contou coa presenza do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.