Galiza Nova rexeita a visita de Juan Carlos I

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, rexeita a visita de Juan Carlos I á Galicia ante o anuncio de que o rei emérito estará este fin de semana na localidade de Sanxenxo

Tal e como expresou Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova, «rexeitamos a visita de Juan Carlos I, o rei fuxido, ao noso país» sinalou. «Todos os sucesos que rodean a figura do rei emérito non fan máis que corroborar que a monarquía española é unha institución corrupta que atenta directamente contra os valores democráticos do noso pobo» expresou Gómez.

«A mocidade galega rexeita a presenza dun rei corrupto no noso país e a unha monarquía herdeira do franquismo que leva séculos oprimindo a Galiza» expresou a nacionalista. «As mozas e mozos galegos queremos desenvolver os nosos proxectos de vida no noso país, con empregos dignos, con servizos públicos de calidade e lonxe do réxime anacrónico e perpetuador da dependencia da nosa nación do Estado español, que representa a monarquía» dixo a Secretaria Xeral de Galiza Nova.

«Galiza non ten rei» sinalou rotudamente Marta Gómez. «Rexeitamos a monarquía por ser un réxime inxusto, que fai prevalecer os privilexios por nacemento dunha familia e que perpetúa a idea centralista e imperialista do Estado español» expresou. «Non podemos permitir que o Borbón pasee impunemente polo noso país, coa complicidade do PSOE e do PP. Precisamos rachar coas cadeas da monarquía e construírmos a República Galega» afirmou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.