Hai que velos volver. Por @Dulcecorcu

Ferven as redes sociais estes días no canto da publicación de audios do presidente da Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales, onde se despata a forma premeditada e sen escrúpulos na que perxudicaron ao Deportivo non só a sabendas, senón lavándose as mans entre organismos naquel infausto caso do Fuenlabrada que custou, finalmente, un descenso de categoría. Algo contra o que clamou no deserto o daquela adestrador coruñés Fernando Vázquez, tildado de tolo en máis dun titular da prensa deportiva por falar de competición adulterada e de roubo descarado. O tempo -e as escoitas- viñeron dárlle a razón por boca de Rubiales e os seus manexos con Javier Tebas e Irene Lozano, conformando un trío de podredume na que é imposible atopar un gramo de decencia.

Mentres era detido Álex Bergantiños, eles e ela conspiraban para pasar desapercibidos na inxustiza deportivista, polo drama dunha cidade e un país impotentes ante a inoperancia duns organismos, agora vese, no que o único importante que está en xogo é o seu lucro persoal. O propio capitán branquiazul onte, nunha entrevista de radio, deixou claro o sentimento e a carraxe polo trato recibido, polas diferentes actuacións das autoridades segundo quen sexan os afectados. Polo eterno «mexan por nós e temos que dicir que chove». Bergantiños dixo «basta» e deixou titulares que nun contexto normal, avergonzarían a moitos dos implicados, mais sabemos que non será así, impermeables a calquera crítica desde a súa privilexiada cuota de poder que ningún perdíu polo de agora. Todos siguen instalados no seu posto agás a ex presidenta do Consello Superior de Deportes (CDS) que conta con novo cargo público noutros eidos. Hoxe, aniversario da consecución no ano 2.000 do título de Liga para o Deportivo, deben prevalecer o orgullo e os folgos. Porque han de ter que velos volver.
Foto. RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.