IV Desafío Lóstrego, a ruta mototurista de Lugo a O Incio

A proba comezará en Lugo e será puntuable para o campionato galego de Mototurismo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto con integrantes da asociación Lóstregos Lucus, presentaron a cuarta edición do Desafío Lóstrego, «unha proba mototurista xa consolidada e que conta cunha gran participación por parte das afeccionadas e dos afeccionados a esta modalidade».

O IV Desafío Lóstrego terá lugar o vindeiro 25 de xuño, partindo desde Lugo e rematando no Incio. A ruta será apta para todo tipo de motos, e poderá realizarse por estrada ou na modalidade de trail. As persoas participantes poderán puntuar no campionato galego de mototurismo.

As inscricións abriranse o vindeiro día 15, cun custo de 40€ para só piloto e 80€ para piloto e acompañante. A inscrición inclúe o dorsal, camiseta do evento, adhesivos e o pasaporte Biker Friendly, ademais de almorzo, comida e cea para a xornada. Ademais, ao remate da actividade todas as persoas participantes participarán en sorteos de agasallos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.