IV edición da andaina solidaria Ruta Porta do Canón do Sil

O vindeiro domingo 29 de maio daranse cita máis de 150 participantes na IV edición da andaina solidaria Ruta Porta do Canón do Sil. A proba está organizada pola Asociación Cultural Os Xuncos e conta coa colaboración da Deputación de Ourense e o Concello de Xunqueira de Espadanedo. O recadado na andaina irá destinado á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne.

A presentación desta proba tivo lugar esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez; a presidenta da Asociación Cultural Os Xuncos, María Alonso; o director técnico da proba, Javier Garrido, e o organizador da andaina, Manuel Garrido.

A andaina, destinada para públicos maiores de 18 anos e menores acompañados, está deseñada para que os participantes poidan descubrir o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra. Terá o seu punto de partida no emblemático Mosteiro de Santa María e rematará no mesmo punto.

Existen dúas posibles rutas na proba, a máis curta, duns 9 quilómetros, terá o seu percorrido integramente no concello de Xunqueira de Espadanedo, conta cun desnivel positivo/positivo de 205 metros, unha altitude máxima de 809 metros e unha altitude mínima de 622 metros e un “trailrank” 8. Por outra banda, a ruta de maior lonxitude, 17 quilómetros, contará no miradoiro de Eirado cun área de avituallamento para cubrir posibles necesidades das persoas participantes. A ruta presenta unha dificultade media, cun desnivel positivo / positivo de 619 metros, altitude máxima de 1.161 metros e unha mínima de 676 metros e un “trailrank” 19.

As inscricións estarán abertas ata o día 24 de maio -o prezo é de 12 euros- poderán realizarse no Concello de Xunqueira de Espadanedo de forma presencial ou a través da súa plataforma we

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.