Lugo estuda a reparación da rotonda de Garabolos

A concellería de Infraestruturas executará os traballos nos meses de verán, coincidindo coa época na que esta vía acumula menos tráfico

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas informou dos avances que está a realizar de cara á reparación do afundimento da rotonda de Garabolos, ubicada na intersección da Avenida da Coruña coa Rolda Norte. Alexandre Penas explicou que «trátase dunha reparación importante nunha das vías que máis tráfico acollen cada día, ao tratarse dun dos principais puntos de entrada á cidade, tanto desde a Rolda Norte como desde a N-VI».

A concellería de Infraestruturas planifica dividir os traballos en varias fases «para tratar de reducir ao máximo as molestias que produce unha obra deste tamaño», explicou Alexandre Penas, que engadiu «buscamos evitar un corte total do tráfico rodado nesta rotonda». A concellería de Infraestruturas executará os traballos durante os meses de verán, dado que se trata da época na que esta vía acolle menos tráfico.

Os traballos consistirán na creación dunha nova placa de formigón e asfalto no percorrido da rotonda, para o que será preciso actuar en gran parte do percorrido da mesma. Alexandre Penas explicou que «é unha actuación importante para Lugo que temos que realizar garantindo sempre que a veciñanza poida seguir circulando pola cidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.