Marín acolle hoxe o Campionato Provincial Xogade de Duatlón

Este domingo, a nosa vila acollerá o Campionato Provincial Xogade Duatlón, a partir das 11.00 horas, con saída e meta no parking da Praza de España e con percorrido polo Paseo Alcalde Blanco.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou esta mañá o evento xunto con representantes do Programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e o Club Deportivo Pinarium.

Trátase do primeiro duatlón que se organiza na nosa vila e que, tal e como indican desde o Pinarium, “será unha moi boa proba de dinamización, incluíndo as variables de carreira e bicicleta, moi accesible para que poidan participar nenos e nenas de distintos niveis”.

Ademais do campionato de duatlón, haberá tamén unha proba de promoción non competitiva para os máis pequenos, de entre 2014 e 2016.

A organización prevé que se rexistre unha participación de 100 nenos e nenas nas probas de benxamín, alevín, infantil e cadete, e sobre 20 participantes na proba non competitiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.