O 15 de maio ábrese a solicitude de prazas na Escola Infantil Municipal de Vilalba

Segundo establece o Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal (ordenanza reguladora número 15), publicada no BOP nº 74 do 30/03/2017, ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 30 de maio de 2022 (ambos incluídos) e presentaranse na sede electrónica do Concello ou ben de forma presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello.

As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola infantil “Galiña azul” deberán de aportar:

– Fotocopia do D.N.I. do pai/nai ou representantes legais
– Fotocopia do libro de familia
– Declaración da renda do exercicio 2020 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda, deberán de aportar ademais da documentación anterior a seguinte:

-Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, para acreditar as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.

As persoas interesadas poden descargar as follas de solicitude na web www.vilalba.gal ou pedilas no concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.