O BNG convoca á veciñanza de Lugo a un acto público con Ana Pontón

O acto público será o vindeiro venres, 20 de maio, ás 20 horas na praza Anxo Fernández Gómez
O BNG organiza un acto público en Lugo coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón enmarcado dentro da campaña Contra a suba de prezos, fagámonos valer!. O acto terá lugar este venres, 20 de maio, ás 20 horas na praza Anxo Fernández Gómez, e intervirán, xunto coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e representantes de sectores afectados pola crise dos prezos.
O tenente alcalde de Lugo e portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que «o empobrecemento das clases populares deste País é insoportábel, por isto, desde o BNG defendemos un decálogo de medidas urxentes para paliar esta situación, como por exemplo aplicar unha fiscalidade máis xusta, incrementar as pensións e os salarios máis baixos, intervir no sector eléctricos ou baixar o IVE dalgúns bens e servizos básicos».
Arroxo convidou á veciñanza a participar no acto deste venres «para coñecer as propostas do BNG ante esta situación, e as visións de diferentes representantes de sectores afectados que están convidados».