O BNG de Culleredo convoca concentración informativa sobre o Pazo dos Serrano (Vídeo)

o BNG de Culleredo convoca unha concentración informativa en Vilaboa, fronte ao Centro Social de Rutis, diante do muro do Pazo dos Serrano, para reivindicar mediante o coñecemento da situación, que se free a operación especulativa nos terreos do Pazo.
O PXOM que se aprobou inicialmente en 2013 prevía obter para patrimonio público o conxunto dos 10.000 m2 do recinto do pazo, que conta cun xardín extraordinario e está protexido polo Camiño de Santiago. Non hai explicacións para saber que pasou co acordado pola Corporación. Cando o proxecto do PXOM foi á Xunta para a avaliación medioambiental esta emitiu un informe no que se lle indicaba ao Concello que alí non se pode construír en altura.

 O alcalde, que anunciou hai uns días o inicio dunha operación especulativa nos terreos do Pazo dos Serrano, non convocou o Pleno Ordinario de maio para evitar a fiscalización ao respecto polo BNG. O Grupo Nacionalista solicitou hai semanas copia dos convenios urbanísticos que existan coa inmobiliaria  propietaria dos terreos e non tivo resposta. O BNG tamén solicitaba que se fixeran públicos estes convenios para que a xente poida coñecer as hipotecas do goberno municipal.
Causa asombro saber que Rioboo levaba varios meses traballando coa empresa para sacar adiante o proxecto cando cada vez son máis quen acoden ao BNG para que lles axudemos reclamar polo estado de tramitación das licenzas que teñen solicitado, con ata 2 anos de agarda. Veciños e veciñas que cando solicitan reunirse co alcalde para pedir explicacións, non obteñen máis que escusas para non darlles cita. Agora a xente xa pode saber a que se dedica o alcalde de Culleredo e de parte de quen está.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.