O BNG en Pol esixe responsabilidades ao alcalde perante a suposta agresión nun encontro de fútbol

O Bloque Nacionalista Galego en Pol condena a suposta agresión do alcalde da localidade, Lino Rodríguez Ónega, a un afeccionado no encontro de fútbol entre o Pol e o Portomarín. Ao que exixe explicacións e responsabilidades á Alcaldía perante estes feitos.
O Bloque en Pol cualifica de “moi grave” a actitude e as formas de actuar do alcalde, ás que sinalan como “indecentes e vergoñentas dunha persoa que está a representar á veciñanza de Pol”.
Neste sentido, a organización frontista denuncia a degradación que está a someter o alcalde ao concello de Pol, polo que exixe responsabilidades por estes feitos, como tamén, unha desculpa pública á veciñanza de Pol como á de Portomarín.
O BNG en Pol xa denunciou en varias ocasións a actitude do mandatario local, como no caso de suposto acoso laboral no Concello ou o incumprimento das normas no período de confinamento durante a pandemia.