O BNG organiza unha charla informativa sobre as implicacións do parque eólico Paradela

Será este xoves ás 19:30 horas no local do A.C. de Castro de Rei de Lemos en Mosteiro Vello

O Bloque Nacionalista Galego en Paradela organiza unha charla informativa á veciñanza sobre as implicacións e afeccións da construción do parque eólico Paradela.

Este parque eólico afectará principalmente aos lugares de: Portocarreira, Abelleiroá, Bariz, Bacorelle, Casanova, Vilachá, Uceira Branca, Val do Couto, As Bustaregas, A Enxamea, San Martiño, Cereixido, Edrada, Zouro e Carballedo.

Será o vindeiro xoves, 19 de maio, ás 19:30 horas no local da asociación cultural de Castro de Rei de Lemos en Mosteiro Vello.

Contará coas intervencións da deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, a coordinadora de ADEGA en Lugo, Lucía Anido, o xurista e profesor da USC, Fernando A. de Abel e o xurista, Óscar Ínsua.

O BNG organiza estas palestras dentro da campaña Nin espolio, nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega!, nas que se ofrece á veciñanza ferramentas para coñecer os posíbeis custos e desagravios que producen estas infraestruturas, como tamén, información sobre o sistema enerxético galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *