O BNG reclama ao goberno do estado unha solución para o aparcadoiro do campo de fútbol das Gándaras

O BNG de Lugo reclama ao goberno do estado unha solución para o aparcadoiro do campo de fútbol das Gándaras. O concelleiro do BNG, Alexandre Penas visitou a zona onde afirmou que «é preciso realizar un mantemento desta instalación canto antes, debido ao avanzado estado de desgaste no que se atopa».

O concelleiro afirmou que «esta reclamación realízana constantemente moitas veciñas e veciños, que asisten a esta instalación deportiva habitualmente, e que non contan con accesos nin espazos de estacionamento dignos».

Alexandre Penas explicou que «desde as áreas de goberno que xestionamos desde o BNG tratamos de resolver as reclamacións que nos chegan, mellorando a calidade de vida da veciñanza no menor tempo posíbel». Segundo o edil nacionalista, «o goberno ten que lembrar que Lugo existe e manter as súas instalacións nun bo estado de conservación».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.