O BNG solicita ao Concello de Malpica nomear unha rúa ou espazo urbano co nome Luis Cancela Vecino

Ante o recente pasamento de Luis Cancela Vecino, o pasado 17 de Maio, queremos destacar a súa labor e a súa traxectoria como o primeiro Alcalde elixido democraticamente no ano 1979 permanecendo no cargo ata o ano 1991.

Durante as tres lexislaturas nas que foi o responsable do Concello de Malpica, realizou unha inxente labor que perdura no paso do tempo. Foi Luis Cancela quen puxo en funcionamento os principais servicios e infraestruturas, e realizou unha labor importantísima tanto no eido cultural como no deportivo.

En canto a súa traxectoria laboral, ademais de como alcalde do Concello de Malpica, foi profesor do IES Monte Neme de Carballo, do que tamén foi director, dedicando ao ensino toda a súa vida profesional. Un bo político, bo mestre e mellor persoa.

Tendo en conta a súa traxectoria e dedicación aos veciños e veciñas do Concello de Malpica, a honestidade e o traballo desenvolvido durante o seu mandato e o recoñecemento por parte da maioría da veciñanza a Luis Cancela como “o mellor alcalde que tivo Malpica”, dende o BNG consideramos que debe ter unha mención especial, sen menospréceo da labor realizada por outros alcaldes ou mandatarios posteriores. Por todo o anterior exposto

SOLICITAMOS:

Ao equipo de goberno do Concello de Malpica, ao inicio dos trámites e xestións oportunas, previo consenso de todos os grupos da corporación:

  • A realización dun acto público de recoñecemento a Luis Cancela Vecino pola súa traxectoria política, como Alcalde do Concello de Malpica, pola honestidade, xenerosidade, polo traballo realizado na defensa dos intereses de todas as veciñas e veciños.
  • Nomear unha rúa ou espazo urbano co nome Luis Cancela

 

Foto portada NH Galicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.