O Clube dos cinco (S.D. Sofán)

Pecha unha etapa para cinco dos xogadores que viviron este ano momentos coma o campionato de Liga e unhas semifinais de Copa na Sd. Sofán. Unha mochila ás costas ca que parten porque o implacable tempo marca a fin do ciclo xuvenil, nunha última tempada para gardar na memoria e revivir cando, andado o tempo, quizais volvan a reencontrarse nalgún campo ou, quen sabe, outra vez na mesma casa.
Lucas Rey e Mario Rodríguez foron o baluarte baixo paus, artífices en boa parte de manterse invictos ao longo dos meses, calidade e presenza que ningún rival deixou de temer. Fabián Souto e Lucas García, o sangue vermello que nace no mesmo berce, fillos de Souto e Luciano respectivamente, directivos do clube no que medraron defendendo as súas cores. Ramón Páez chegaba coa competición xa en marcha, pero capaz de adaptarse rápidamente e ser, ata o final, un xogador decisivo no equipo. Os cinco fixeron este venres o seu último adestramento no Carral coma xogadores xuvenís, co corazón mergullado dalgún xeito xa na nostalxia, nun tempo feliz que durou o suficiente para que puideran ilusionar a unha afección que tivo ocasión de corear os seus nomes moitas veces, á que fixeron desfrutar e emocionarse, cada un desde o seu posto e o seu xeito de ser. Desde ese corazón tinguido de vermello que os unirá para sempre na historia dun clube ao que eles cinco xa pertencen para sempre.