O Concello da Coruña retira a partir de hoxe a duna da praia de Riazor

O Concello da Coruña acondicionará desde hoxe a praia de Riazor para a tempada de verán. Os labores para a eliminación da duna de area instalada ao longo do areal comezan hoxe, luns 16. Ao logo do día chegará ata o areal a marquinaria precisa para levar a cabo os traballos.

A duna de area instálase cada ano na praia de Riazor para protexer o Paseo Marítimos das inclemencias meteorolóxicas do mar durante os meses de outono e inverno. Coa chegada do bo tempo, como cada ano, o Concello aplanará a area para o uso e gozo deste espazo da cidade. Os labores prolongaranse durante os vindeiros días, en función das mareas e da climatoloxía.

Desde a concellaría de Medio Ambiente constatan que esta foi unha tempada invernal sen apenas incidencias no mar. Non houbo que actuar integramente sobre a duna e só houbo que intervir parcialmente en dúas ocasións para reforzar a estrutura de area para as xornadas de temporal.

A praia de Riazor e o resto de areais da cidade prepáranse xa para a tempada de verán, que comezará o próximo 15 de xuño. A semana pasada anunciouse que as cinco praias urbanas da Coruña manteñen un ano máis a Bandeira Azul, o que constata a calidade das augas do baño e dos servizos dos areais.

Foto. coruna.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.