O Concello de Laracha celebrou hoxe unha reunión da mesa de coordinación policial contra a violencia de xénero

Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero na que están representadas as forzas e corpos de seguridade celebrou esta mañá unha nova reunión no Salón de Plenos da Casa do Concello da Laracha.

Contouse coa presenza do alcalde -José Manuel López Varela-, a concelleira de Muller -Rocío López-, a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha -Ana Aldao-, a xefa da unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno -Isabel Álvarez García-, o comandante do posto da Garda Civil da Laracha -Miguel Rodríguez- e o xefe de Policía Local da Laracha -Víctor Vilanova-. Ademais, tras confirmarse no inicio da sesión a súa integración nesta mesa de traballo, tamén participaron por primeira vez dúas compoñentes do equipo de VioGén do posto da Garda Civil de Carballo -Concepción García e Teresa Bértua-.

Tal e como é habitual nestas reunións, foron revisadas as ordes de protección e abordadas as altas e baixas do programa ATENPRO, o servizo telefónico de atención e protección para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tamén se revisaron e actualizaron os mecanismos de coordinación entre todos os profesionais que forman parte da mesa ante a detección de posibles casos desas características co propósito de mellorar os protocolos de actuación en beneficio das vítimas.

O Concello da Laracha reitera o agradecemento a todos os membros e sectores profesionais representados nas dúas mesas sectoriais sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero -a de coordinación policial e tamén a educativo-sanitaria que se reunirá nesta semana- e a súa plena disposición para cooperar xuntos ante esta problemática social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.