O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo lembra ao seu ex director Juan Otero cun concerto

Este venres 27, ás 19.00 horas, no Pazo da Cultura

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS) lembra ao seu ex director Juan José Otero Pérez, conocido no mundo da música como Juan Mallo, que faleceu o 25 de setembro do 2021. Este venres 27 de maio, ás 19.00 horas, celebrarase un concerto de homenaxe no que participa toda a comunidade educativa.

PROGRAMA

Orquestra de Corda

  • Minuetto, J.P. Rameau
  • Alegro do concerto en Sol M, A.Vivaldi
  • The sailor´s song, E.Grieg
  • Canto de berce, R.Groba
  • The white strand, Ímar
  • Stand by me, Ben E. King

Alumnado de violoncello

  • Preludio suite 2 en re menor, J.S. Bach, interpretada por Ainhoa García
  • Tarantella de Popper, David Popper, interpretada por Helena Stumpel

Big Band

  • Polca da Familia Mallo, interpretada pola alumna Clara Búa e os exalumnos Sindo Dourado e Brais Varela (acordeóns)
  • Tu sangre en mi cuerpo, interpretada polos alumnos de Grao Elemental Aroa e Martín Ordóñez
  • Purple Rain, interpretada polo alumno de Grao Profesional Samuel Quiroga
  • Al final del camino, interpretada por Gloria Pardines, profesora de Educación Auditiva e Vogal
  • El triste, interpretada por Sara García representando á ANPA do Conservatorio.
  • Ponernos de acuerdo, interpretada por María Jesús Fraga en representación das súas amizades.

BIOGRAFÍA JUAN JOSÉ OTERO PÉREZ (1960-2021)

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música da Coruña no ano 1969, conseguindo finalmente a carreira de violoncello, piano, solfexo, transposición e acompañamento.

Recibe clases de acordeón do seu pai, Daniel Mallo, e no ano 1976 forma parte da Orquestra Mallo como pianista, como substituto do seu tío Antonio Mallo.

Como acordeonista, Juan Otero acompaña e colabora con distintos artistas, como Moustaky, Amancio Prada ou Javier “Gato” Pérez, fundador da orquestra Platería.

Participa nas gravacións de artistas galegos coma Xil Ríos ou Ana Kiro.

Na súa faceta de pianista, nas décadas dos anos 70 e 80 traballa como solista en cafés-teatros e salas de festas como Miramar (A Coruña), Making Lies (Oleiros), onde tocou co clarinetista Fred Bellow e co batería e percusionista do grupo de Louis Amstrong que actuaría na sala Olympia de París. Tamén grava programas na TVG como Gran Casino e Ruada, do xornalista Xosé Luis Blanco.

Foi director e pianista de orquestra no concurso Desfile de estrellas que Radio Nacional celebrou na Coruña. No apartado clásico e como violonchelista, forma parte da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, da Orquestra Sinfónica do Conservatorio da Coruña e da Orquestra de Cámara da Coruña, dirixida por Rogelio Groba Groba.

No apartado pedagóxico, Juan Otero foi fundador da Escola Municipal de Música de Carnota, da que foi profesor e director; xefe de estudos e profesor no Conservatorio de Música de Culleredo, e profesor, director da orquestra e, finalmente, director do Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.