O festival Sons da Bocanoite celebrará a súa terceira edición en xullo

O festival do Concello das Pontes trae unha proposta liderada por grupos noveis e a artistas que xa resoan dentro do panorama musical actual como La Otra, Yoly Saa, El Jose, Té Canela ou Eme Dj

O festival Sons da Bocanoite acaricia a normalidade na súa terceira edición de 2022. Programado para o día 2 de xullo, o festival esquecerase das cadeiras, os aforos e todas as restricións sanitarias condicionadas pola pandemia nunha edición claramente orientada a gozar dun festival que naceu hai dous anos, en plena pandemia co obxectivo de manter a programación cultural e dinamizar o sector hostaleiro da vila.

Para mostra, algúns dos artistas que convocarán aos amantes da música na nova ubicación, a Fraga de Dona Rita serán La Otra, Yoly Saa, El Jose, Té Canela ou Eme Dj. “A

Fraga é un magnífico escenario, ofrece ao público unha maneira distinta de gozar dun

festival musical urbano, ofrécenos a ubicación perfeta para este momento de reactivacion

cultural, no que hai que segur apostando pola seguridade sen renuncia a esencia dun gran

concerto”; apunta Vicente Roca, concelleiro de cultura, antes de cualificar a música e este tipo de citas culturais como un elemento ‘primordial’ dentro da axenda do Concello. Outra das ideas remarcadas foi o retorno que esta cita cultural xera no pobo esa fin de semana.

O público novo é precisamente o gran mercado ao que quixeron dirixirse á hora de deseñar a proposta, ‘variada’ e de calidade, si, pero con claras intencións de convocar aos amantes da canción de autor, a mestizaxe de estilos e ritmos, como a rumba, o pop e o flamenco.

Unha proposta musical variada e de calidade

O ano pasado saía á luz ‘Incendio’, o novo traballo da La Otra, que significou un paso adiante dunha artista que soubo seguir o seu propio camiño sen dar nunca o seu brazo para torcer. Neste terceiro álbum, ofrécenos doce historias nas que se pasea por temas como o feminismo, o amor, a liberdade e a amizade, desde unha perspectiva tan persoal como irónica e crítica. Pola súa contra, Yoly Saa deixou a súa Galicia natal para plantarse na capital coa intención de facerse un oco no panorama musical nacional. Tras iso, chegou o seu primeiro epé ‘Magma. As súas composicións destacan pola emoción que desprende nos seus directos, tan impecables e desgarradores como cada unha das súas letras. Estará presentando o su novo traballo recén publicado, ‘A Golpes de fe’. Unha delicia para os oídos máis esixentes, igual que El Jose. A banda asina cancións de diversos estilos que manteñen a raíz orixinaria da formación cativando coas súas mensaxes e a súa maneira de desenvolverse fronte ao público. Poética e rítmica diversa, sons eclécticos e esencia bohemia flúen de maneira natural e versátil xerando alí onde aparecen unha atmosfera na que teñen cabida emocións de todo tipo.

TéCanela tamén achegarán ao festival o seu estilo único, caracterizado pola mestizaxe de ritmos e un directo repleto de dinamismo e complicidade co público. O dúo formado por Ariadna Rubio e Jano Fernández, foi crecendo desde a súa orixe en 2016 ata converterse nunha das bandas de referencia dentro da nova canción autor/a. As súas letras están cargadas de optimismo, pero tamén de ironía e crítica social, son froito das súas vivencias e da realidade que lles rodea. Pechará a velada Eme Dj, unha das máis recoñecidas DJ da escena indie-disco-pop e das principais pistas de baile de todo o noso país. Leva 15 anos en activo como picadiscos profesional, nunha carreira que supera as mil actuacións, e foi residente en salas tan importantes como Low Club, Coppelia, Café La Palma ou Costello Club.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *