O Goberno de Lugo completa a renovación das beirarrúas da Cheda

Alexandre Penas: «Continuamos a traballar para mellorar as instalacións públicas das distintas zonas periurbanas da cidade»

O Goberno de Lugo completou nestes días a renovación das beirarrúas no barrio da Cheda. O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas explicou que «continuamos a atender aos distintos barrios da cidade, neste caso cunha pequena actuación que non supón un elevado custo económico ao concello e que mellora enormemente a calidade de vida da veciñanza do barrio da Cheda».

Penas visitou a zona xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, e co tenente Alcalde, Rubén Arroxo. Alexandre Penas lembrou os traballos xa executados polo goberno de Lugo nos últimos meses, entre os que destacan a renovación do alumeado público ou a actuación integral executada na pavimentación de todas as vías do barrio, feita no ano 2020. A área de Medio Ambiente actuou tamén neste barrio, renovando a rede de abastecemento e eliminando o fibrocemento.

«Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas», afirmou Alexandre Penas, que engadiu «desde Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.