O Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG ponse a traballar

O sábado 7 de maio celébrase o seu primeiro encontro do ano

O pasado mes de novembro de 2021, con motivo da celebración do Día Universal da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) constituía o seu primeiro grupo de participación infantil e adolescente. O seu primeiro paso foi a lectura dun manifesto na Xunta de Galicia que puxo enriba da mesa as súas principais preocupación (adxuntamos manifesto).

Este primeiro grupo foi o embrión da posta en marcha do equipo de nenos, nenas e adolescentes que na contorna de Redeir@s, programa financiado pola Xunta de Galicia e impulsado desde a POIG, constitúen o primeiro grupo de traballo en activo que representa á infancia das 35 entidades que conforman a Plataforma galega.

Neste senso, Redeir@s é para o grupo de participación infantil e adolescente, unha contorna dixital e presencial seguro no que eles e elas son os protagonistas á hora de defender os seus dereitos e reivindicar a atención a todas as súas necesidades en temas relacionados coa educación, saúde, violencia, lecer, medio ambiente, protección e outros do seu interese.

O sábado 7 de maio, este grupo celebra a súa primeira reunión de traballo presencial do ano nas instalacións da Sede da POIG en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:

  • 11:00 Chegada
  • 11:30 Presentación e Xogos de Presentación
  • 12:00 Coñecemos máis sobre a Participación: Dinámica do grupo, onde podemos participar, que esperamos da nosa participación, etc.
  • 12:45 Descanso
  • 13:00 Traballo por Grupos: propostas de participación, accións a levar a cabo, temas a desenvolver en Redeir@s e como trasladalos
  • 13:45 Tempo Libre
  • 14:15 Comida
  • 15:00 Tempo Libre/ Dinámica de distensión
  • 15:30 Posta en Común e debate en gran grupo
  • 16:15 Avaliación e despedida.
  • 16:30 Saída

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.