O mal tempo obriga a adiar ao vindeiro domingo 29 de maio a concentración moteira da II The Distinguished Gentleman’s Ride

As malas condicións meteorolóxicas levaron á organización da II The Distinguished Gentleman’s Ride for Prostate Cancer Research & Men’s Mental Health a adiar ao vindeiro domingo 29 de maio a concentración moteira prevista para hoxe ás 12:00 horas na avenida Raíña Vitoria

Trátase dun evento benéfico de carácter internacional reservado a motos clásicas, de ‘espírito’ clásico ou clásicas modernas, cuxos condutores/as e pasaxeir@s van ataviad@s con prendas elegantes (traxes inspirados nos clásicos ‘gentleman’ tipicamente anglosaxóns).

Unha iniciativa solidaria que, como apunta a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, celébrase nun milleiro de cidades en todo o mundo, co obxectivo de recadar fondos para as investigacións desenvolvidas pola Fundación Movember contra o cancro de próstata, a depresión e o suicidio. A iniciativa naceu no ano 2012 en Sídney (Australia), pero grazas ás redes sociais comezou a ter máis visibilidade no mundo e, pouco a pouco, foise estendendo a moitos países.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.