O PP de Cervantes insta ao goberno local a solicitar á Deputación a mellora da sinalización da súa competencia no municipio

O voceiro do PP de Cervantes, Javier Santín, chama a atención sobre o estado deplorable no que se atopan os sinais verticais das estradas provinciais que indican a dirección cara ao Piornedo e que son competencia da Deputación. Polo tanto, insta ao goberno local a solicitar ao ente provincial a revisión da sinalización e a limpeza e mellora daqueles sinais que o precisen.

Santín explica que “algúns sinais que informan sobre a ubicación dun lugar coma o Piornedo están cheos de pintadas que dificultan a súa correcta lectura aos condutores”.

O voceiro popular considera “prexudicial” para Cervantes que os sinais estean nestas condicións. Especialmente, subliña, “os sinais que indican como chegar a puntos de interese turístico”.

O Grupo Municipal Popular ten defendido en numerosas ocasións a posta en valor dos elementos naturais, patrimoniais e culturais propios da zona dos Ancares para promover o turismo e dinamizar a actividade en Cervantes. Nese sentido, lamenta a falta de interese do goberno local socialista en apostar polo turismo, a conservación e posta en valor dos nosos recursos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.