O PP de Lugo propón a creación na Deputación dun Fondo Extraordinario de Anticipos Reintegrables para os concellos de menos de 20.000 habitantes

Os populares queren que o fondo que propoñen se rexa por bases claras e obxectivas, aprobadas por consenso, para acabar coa discriminación que se dá actualmente á hora de conceder anticipos pola institución provincial.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que este tipo de fondo está operativo xa noutras deputacións, como son as de Badaxoz, Sevilla e Huelva

 No PP din que se é aprobada a moción que defenderán no próximo pleno os concellos disporán “dunha fonte de financiación provincial que lles permitirá acceder a subvencións, investimentos e operacións de crédito e tesourería, en igualdade de condicións que os concellos grandes, e tamén poder facelo sen custos engadidos”

Os populares están cansos de que “o dedo do presidente sexa decisivo para que un concello poida recibir da Deputación un dos seus servizos, como está pasando coas estradas, cos convenios de obras, cos encargos a Tragsa, co Parque Móbil, e, como denunciamos en días pasados, co financiamento a modo de anticipos”

Castiñeira di que nas bases “deben primarse as liñas que favorezan o asentamento de poboación no medio rural e a creación de emprego e actividade nos concellos máis pequenos, que é a razón de ser das deputacións provinciais”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.