O PP de Pol reclama “unha mellora das estradas municipais” ante o seu “estado de abandono”

A presidenta da xestora do PP de Pol, Nicole Grueira, advirte do “estado de abandono” no que se atopa a rede viaria municipal do municipio e, polo tanto, reclama ao goberno local socialista “unha mellora das estradas que son titularidade do Concello. É necesario investir no mantemento e arranxo das carreteras, para garantir  unha circulación segura”, sinala.

A popular explica que “o deterioro nas calzadas constitúe un risco de seguridade que impide o desenvolvemento normal das actividades dos veciños cando circulan en coches ou tractores; e que tamén prexudica ao transporte escolar ou de servizos médicos, por exemplo”. Polo tanto, “supón un prexuízo notable para os veciños na súa rutina diaria e tamén pode supoñer un grave risco no caso de que se produza algún tipo de continxencia ou emerxencia”.

Estrada Pol-Parroquia San Martiño

Grueira condena a falta de previsión do goberno local para atender a rede de estradas municipais “á vista do mal estado que presentan distintos tramos das vías municipais que hai no noso concello”. Cita, por poñer algún exemplo, a que comunica a parroquia de San Martiño de Ferreiros coa LU-750, que vai de Meira a Baleira.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.