O PP de Vilalba aposta pola dobre dirección da rúa da Pravia e a mellora do seu abastecemento

O PP de Vilalba deixa claro no pleno extraordinario celebrado esta mañá que a súa aposta é a dobre dirección da rúa da Pravia e a mellora do seu abastecemento. Ademais, o Grupo Municipal Popular pediu a votación por puntos, pois o Grupo Municipal Popular concorda coa realización das obras de renovación das instalacións e alumeado exterior no Carrizo, en Santaballa, e As Campelas, en Rioveso; así coma na  ampliación da rede municipal de abastecemento na parroquia de Santaballa e a renovación da Travesía da Ferrería, para as que a Xunta aportará preto de 200.000 euros.

Os populares apoian aquelas actuacións que melloren a calidade de vida dos veciños e, polo tanto, tamén concordan coa realización das obras de renovación das instalacións de abastecemento de auga da principal arteria de Vilalba. Con todo, a popular advertiu: “non conten co noso apoio para unha obra que vai en contra de todos, que costa máis de 1 millón de euros pero que non vai resolver o caos circulatorio de Vilalba”, manifestou a popular. É que, “o posicionamento do Partido Popular de Vilalba é claro con respecto á rúa da Pravia:  estamos en contra da imposición da dirección única da Rúa da Pravia, unha decisión implantada pola porta de atrás, sen consenso cos veciños e comerciantes. A nosa alternativa é que sexa de dobra dirección”, insistiu.

“Mala xestión”

A voceira popular subliña que “o pleno extraordinario urxente deste venres evidencia mala xestión, caótica organización e tamén supón un derroche de recursos públicos”. A popular explica que “o motivo do pleno extraordinario é a aprobación dunha modificación de crédito para poder gastar 662.288,08 euros por parte dun goberno en minoría que goberna a través de decretos de alcaldía e que é incapaz de elaborar un presuposto propio”.

Abandono do rural

Vázquez acusou ao goberno local socialista de abandonar o rural ao dirixir ao casco urbano o 86% da cantidade proposta e lamentou que presuman de aforrar cartos en obras coma a da carretera da Veiga, de Corbelle a Samarugo, “en agosto do 2021 e que fai pouco máis de dúas semanas tiveron que volver bachear. Unha chapuza”, remarcou.

A voceira popular convida ao goberno local a pisar as parroquias e tamén propuxo máis investimento para o arranxo das pistas do rural.

Vázquez, por outro lado, di que Vilalba Aberta fai un discurso político, basicamente en contra PSOE, pero á hora da verdade o que fai e apoialo, é dicir, saír ao seu auxilio, porque sabe perfectamente que non se están facendo as cousas ben e que hai un gran malestar na cidadanía. Claramente aí vese que cando lles interesa son socios de goberno e cando non lles interesa, non.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.