O profesor universitario e investigador Enrique José Varela Álvarez falará o xoves en #EspazoPopularAberto sobre “Coñecemento e aprendizaxe nun mundo híbrido”

Dentro da iniciativa #EspazoPopularAberto, o PP de Lugo trae á cidade amurallada ao profesor, investigador e decano-comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra, Enrique José Varela Álvarez, que ofrecerá unha conferencia o xoves, na sede dos populares lucenses, ás 20.00 horas.

O título da conferencia é Coñecemento e aprendizaxe nun mundo híbrido. O conferenciante abordará cuestións relacionadas coa nova realidade social e institucional híbrida (presencial-virtual) que se vive no mundo pandémico dos nosos días. A mirada híbrida poñerá o foco no funcionamento das nosas sociedades, os seus actores públicos, privados e sociais, especialmente no campo da saúde e a educación. A proposta que se exporá na conferencia está relacionada co coñecemento e a aprendizaxe individual, tentando responder á pregunta como aprendemos a » surfear» os retos post-pandémicos a través da aprendizaxe colectiva?

Enrique José Varela Álvarez é doutor en Ciencia Política y de la Administración por la Universidad Complutense de Madrid (Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset), profesor e investigador da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo (España). Autor de numerosas publicacións, Varela Álvarez é decano-comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, onde imparte docencia dende hai dúas décadas no grao en Dirección e Xestión Pública (modalidades presencial e virtual), así como no máster online en Dirección Pública e Liderado Institucional desta Universidade. Tamén exerce de profesor-titor na Universidad Nacional de Educación a Distancia dende hai case unha década (2012-2021), onde Imparte, entre outras, as materias de Gestión Pública (venia docendi), Ciencia Política e Historia de las Ideas Políticas.

#EspazoPopularAberto é una iniciativa do PP de Lugo para, nun formato de foro aberto a toda a sociedade lucense, a abordaxe de cuestións de suma actualidade, mediante a intervención de especialistas en cada materia a tratar.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.