Podemos Galicia celebra que o Goberno de coalición “vaia poñer fin á discriminación das mulleres do mar”

Podemos Galicia celebrou a aprobación da Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira por parte do Consello de Ministros que introduce cambios nas cotas e coeficientes redutores para a idade de xubilación en actividades pesqueiras de risco
«Por fin acábase con esta discriminación inxusta para as profesións máis feminizadas. Grazas á presenza de Unidas Podemos no Goberno poñerase fin ás desigualdades que afectan o sector da pesca, era unha demanda histórica e púidose abordar», sinala a voceira de Podemos Galicia, Verónica Hermida.
Segundo datos do Ministerio a medida afectará a 5.300 traballadoras, entre elas, mariscadoras da pé, redeiras, neskatillas e empacadoras. Unhas profesións especialmente duras e que provocan enfermidades debido ás condicións agresivas propias do mar.
«Este é o camiño para seguir e o futuro pasa por darlle voz ás mulleres nas mesas de negociación e nos debates onde se fala destas cuestións que afectan o seu sector. Esta medida non só mellorará a vida das mariscadoras, senón que abre paso á substitución xeracional, algo tan necesario nas profesións do mar», sinala Hermida.