PP Lugo. «A Deputación nega anticipos a concellos coa economía saneada mentres que o concede a Pol, que recoñece que non ten liquidez e superou a capacidade de pedir créditos»

Ao goberno provincial non lle gusta nada que a oposición poña negro sobre branco a súa tendencia a arbitrariedade á hora de tratar aos concellos segundo estean gobernados por unha cor política ou outra. Así o indica o portavoz popular, Javier Castiñeira, que sinala que “é unha pena, unha verdadeira pena, que o goberno da Deputación de Lugo, en vez de recriminar as actitudes do señor Lino Rodríguez siga defendendo a súa malísima xestión económica no Concello de Pol”.  Asegura Castiñeira: “Non é o PP o que di que Pol ten unha mala situación económica; é o propio Concello de Pol, na súa solicitude á Deputación dun anticipo, o que di que non ten liquidez e que  ten sobrepasado o límite para poder pedir operacións de crédito por si só; o PP só se fai eco desa situación”.

O portavoz popular tamén declara: “Ao goberno da Deputación, que di que o Concello de Pol está ben, preguntámoslle por que non lle paga a Tragsa o Servizo de Axuda no Fogar, á que o ten delegado, grazas á Deputación de Lugo; se non lle paga e ten unha situación económica boa, entendemos que é moito peor”.

Os populares solicitan “ao goberno da Deputación de Lugo que faga exactamente o mesmo con outros concellos”. Castiñeira explica: “Sabemos de casos que solicitaron un anticipo para  pedir unha subvención ou facer fronte a unha obra, e non se lles deu;  son concellos que teñen unha boa situación económica e que están facendo ben as cousas. Non son solicitudes para  subvencións de terceiras administracións senón que son solicitudes directas Concello- Deputación de Lugo. Engade: “Pedimos o mesmo trato, que é o que non fai este goberno da Deputación; como vemos, protexe a concellos que, como é o de Pol, non o están facendo ben e, polo contrario, discrimina a outros que si están traballando ben, aos que non se conceden anticipos para facer obras ás que teñen o mesmo dereito que o Concello de Pol”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.