PP Lugo: Xornada «Coñecemento e aprendizaxe nun mundo híbrido»

Os secretarios xeral e de organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente, presentaron ao profesor, investigador e decano-comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra, Enrique José Varela Álvarez, quen ofreceu na sede do PP de Lugo a charla «Coñecemento e aprendizaxe nun mundo híbrido».

No encontro, enmarcado na iniciativa #EspazoPopularAberto, e no que participaron outros cargos orgánicos do Partido, ademais de público en xeral, abordouse a realidade social e institucional híbrida (presencial-virtual) que se vive na actualidade por mor da pandemia.En definitiva, a intervención estivo relacionada co coñecemento e a aprendizaxe individual, tentando responder á pregunta como aprendemos a » surfear» os retos post-pandémicos a través da aprendizaxe colectiva.Enrique José Varela Álvarez é doutor en Ciencia Política y de la Administración por la Universidad Complutense de Madrid (Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset), profesor e investigador da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo (España), docente na UNED, ademais de autor de numerosas publicacións.É autor de numerosas publicacións, Varela Álvarez é decano-comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, onde imparte docencia dende hai dúas décadas no grao en Dirección e Xestión Pública (modalidades presencial e virtual), así como no máster online en Dirección Pública e Liderado Institucional desta Universidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.