Revista do Fútbol Feminino Galego – Número 104 (maio, 2022)

Carlos Castro
Hai frases establecidas que se volven topicazos. Outras, que se din menos, non son menos certas por máis que descoñecidas. O fútbol, que é o reino do eufemismo, está cheo delas. “A estatística está para rompela”. Pois non, a estatística está para estudala. “Todas as regras teñen a súa excepción”. Será que moitas regras están faltas da máxima precisión? “As verdades de hoxe son as mentiras do mañá”. Esta non é de fútbol, máis ben da ciencia.
Quería facer unha mestura de todas elas botando unha ollada á clasificación final do grupo I da Primeira Nacional, partindo da base de que o fútbol feminino precisa do masculino. Si, pero até certo punto. Mi- rando os tres primeiros lugares da referida táboa fi- nal observamos que o primeiro foi o Friol, equipo exclusivamente feminino, o segundo foi o Viajes Interrías, que como o anterior, dedícase exclusivamente ao fútbol feminino. O terceiro foi o Sárdoma, que se na base non fan exclusión xenérica, se falamos de primeiro equipo, as das Relfas suprimiron o masculino hai uns cantos anos e o seu buque in- signia é o equipo feminino.
Sempre dicimos o mesmo pois, até a chegada gloriosa de Jean-Michel Aulas ao futfem, co seu bri- llantísimo O. Lyonnais, o mellor equipo do mundo
– descartando algún dos que gañaran, mesmo que sen esa continuidade, as ligas profesionais dos Estados Unidos, que eran tamén exclusivamente femininos, foi o Frankfurt, que no seu momento, fronte a súa vontade e necesidade de crecemento, tivo que secesionarse do equipo masculino que o tiña como sección feminina.
Fútbol masculino, si; pero ollo! Se o fútbol feminino progresa e formula metas que van alén do que lle interese ao masculino, que é quen lle marca o ritmo a través das migallas económicas que se moven na súa industria, entraremos nun conflito de intereses.
Experiencias témolas, porque o fútbol, por moito que haxa xente que inxenua, ou interesadamente, non o queira admitir, é un reflexo da sociedade e da política. Hai cen anos, cando o fútbol feminino daba moitos cartos, como na Inglaterra posterior á I Guerra Mundial, o fútbol masculino, que non era quen de controlar eses ingresos, decidiu fechar a torneira cunha infame prohibición de medio século. É o bo e o malo das dependencias
104. Revista FF. Maio 2022
PUBLICIDADE