Sandra Vázquez. «A alcaldesa de Vilalba empregue as redes sociais do Concello para facer oposición á oposición”, o que demostra “nerviosismo”»

A presidenta do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, lamenta que “a alcaldesa empregue as redes sociais institucionais do Concello para facer oposición á oposición”, un feito que considera “unha mostra de nerviosismo”.

Vázquez cre que “a alcaldesa confunde totalmente os actos organizados pola Xunta, os organizados polo Concello e os que organiza outra entidade”. A portavoz do Grupo Municipal Popular entende que o acto de aniversario do centro sociocomunitario contou coa participación dos representantes do propio centro e da administración da que depende, a Xunta de Galicia, “non representantes políticos”. De feito, defende que “o acto se centraba en recoñecer o traballo dos voluntarios, monitores e entidades colaboradoras e a importancia que ten para os seus 200 usuarios a súa actividade”.

A popular lembra que “teñen vido a Vilalba gobernantes doutras administracións como é o caso do presidente da Deputación de Lugo sen que o Concello convidara aos representantes dos distintos grupos municipais, pero non protestamos desta forma como fai a alcaldesa”.

Vázquez lembra, pola contra, “varios desplantes da alcaldesa, como máxima representante do Concello e dos vilalbeses, aos representantes da Xunta”. Sinala, por exemplo, que “a consellería de Sanidade convidouna ao acto de presentación do Plan de saúde local, un instrumento para estudar a forma de mellorar a asistencia no centro de saúde de Vilalba e a calidade de vida dos pacientes; pero non asistiu nin Veleiro nin ningún outro membro do goberno local. E o mesmo sucedeu cando se achegou o conselleiro a presentar o plan no propio centro de saúde de Vilalba, onde ademais traballan os seus compañeiros do ámbito sanitario. Isto si que demostra a falta de implicación do goberno municipal co benestar dos vilalbeses”.

“O mesmo sucedeu cando o delegado territorial a convidou a participar na visita para comprobar as obras de mellora da estrada de acceso ao colexio de Román para as que a Xunta aportou máis de 88.500 euros: tampouco asistiu”, engade.

Un goberno que non atende ás súas responsabilidades

Para a popular as queixas da alcaldesa demostran que “o goberno local está moito máis preocupado polo traballo que está a facer a Xunta de Galicia que por atender as súas propias responsabilidades” como é o caso da elaboración do presuposto municipal, dar explicacións aos veciños sobre o plan de mobilidade ou sobre a perda de subvencións. “Se realmente estiveran

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.