Silvia Penide protagonista do Elas Son Artistas en Arteixo e da Festa do Orgullo de Lalín

O venres 27 será o reencontro emotivo coa súa vila, tras tres anos sen presentar as súas cancións en Arteixo. O sábado 28 fará doblete en Lalín, dentro dos actos da Festa do Orgullo 

Silvia Penide prepara tres actuacións importante en dous consecutivos. A primeira delas será coa súa banda ao completo e algunha sorpresa no esceario dentro do V Ciclo Metropolitano pola Igualdade Elas Son Artistas. Unha reivindicación do feminismo levada aos escearios de nove concellos da Área Metropolitana da Coruña. O concerto terá lugar no auditorio do Centro Cívico de Arteixo ás 20:30 horas. A entrada será gratuita e os convites poderán recollerse alí mesmo dende duas horas antes. Silvia promote emotividade e a presentación das cancións dos seus dous últimos discos nos que tivo colaboracións tan importantes como Víctor Manuel, Javier Álvarez, Ugía Pedreira e Andrés Suárez. Compre lembrar que «El efecto boomerang» deulle a Silvia o seu segundo Premio Martín Codax da Música galega en 2020.

E ao día seguinte doble reto en Lalín, dentro da súa popular celebración do día do Orgullo. Silvia Penide actuará ás 17:00 horas para peques da localidade co seu espectáculo Diferentes Diferenzas, un dos libros infantís máis vendidos en Galicia, de contos e cancións sobre a diversidade no que está acompañada por Natalia Navaza que realiza todo o espectáculo en lingua de signos para integrar ás persoas xordas.

E pola noite, ás 23:00 horas, sairá de novo acompañada por Carla López ao teclado, Paul Álvarez á guitarra e Bruno Couceiro á batería para ofrecer o seu repertorio de cancións para emocionar dentro dun completísimo programa de actos que regresa con forza despois dun parón pola pandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.