SOS OURENSE chama á concentración de protesta contra o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e a complicidade do Partido Popular este xoves 5 ás 20,30h na Praza Maior

Chegamos tarde pero aínda podemos dar unha resposta colectiva para recuperar a dignidade da cidade de Ourense.
XA ABONDA.
Ourense non pode permitir un minuto máis esta vergoña.
Solidarizámonos coa persoa agredida e berramos alto e forte que XA ABONDA.
Este alcalde non representa a sociedade ourensá nin é o interlocutor que esta precisa.
Chamamos a toda a veciñanza, a todos os colectivos e asociacións, aos sindicatos e partidos políticos a se manifestaren con contundencia, a elevar os decibelios da resposta cidadá e mandar parar.
Chamamos a recuperar a DIGNIDADE.
O Partido Popular debe cesar inmediatamente o seu apoio a unha persoa que brutaliza, violenta e agride ao conxunto da cidade. Nada cabe agardar de quen está disposto a manter esta vergoña. A que prezo está disposto o Partido Popular a vender a pouca dignidade que lle queda?

– Que o alcalde agrida a unha persoa é INTOLERABLE.
– Que as forzas de orde locais en vez de protexer á vítima protexan ao agresor é INTOLERABLE.
– Que a cidadanía consinta calada este insulto permanente é INTOLERABLE.

CONTRA A VERGOÑA, DIGNIDADE!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.