Un campionato de España 10K con sabor a botelo

O Concello de O Barco de Valdeorras dará acollida este domingo unha importante edición correspondente ao Campionato de España de 10K nas categorías absoluta e máster na que tomarán parte un total de 501 atletas en representación de dazasete Comunidades Autónomas entre as cales Galicia con 91 inscricións, é a máis numerosa

Con esta edición O Barco volve novamente a estar no centro mediático nacional como xa fixera no ano 2012 na que de igual modo, organizara de maneira moi exitosa o Campinato de España de milla en ruta.

Importante cartel de atletas

Entre a relación de participantes destaca a presenza do atleta olímpico nos Xogos de Río-16 e Tokio-21, o madrileño do Nike Running Fernando Carro que momentáneamente deixa o tartán e os obstáculos  para estar presente nesta edición  aportando moitos enteiros de cartel e calidade á cita.

Xunto ao olímpico compartirá asfalto a tamén atleta madrileña Azucena Díaz campioa nacional absoluta na edición do 2018 e medallista de bronce  nos anos  2019 e 2021. Esta mesma atleta toma parte de igual modo na categoría máster F35 na que leva impoñéndose de maneira ininterrumpida nas últimas tres edicións.

Na categoría masculina tamén ten confirmada a súa presencia o vixente campión de España, o atleta ibicenco  Abdelaziz Merzougui que intentará reeditar o título  logrado na localidade pacense de Don Benito. Fronte él, o subcampión nacional do ano pasado, e campión de España absoluto no ano 2018, o aragonés Jesús Angel Olmos.

As rúas de O Barco tamén poderán presenciar a participación de importantes e destacados atletas das categorías máster entre os cales contaremos ca bilbaína María Isabel Sixto e a madrileña Consuelo Alonso gañadoras respectivamente das categorías F45 e F70 do ano pasado.

Por parte masculina será o Campión de España M55 da edición 2019 Miguel Angel Encina do equipo donostiarra de Goierri Garaia quen tamén teña confirmada a súa presenza na localidade barquense.

Importante cartel de atletas galegos

No tocante a participación dos atletas galegos será a olímpica en Atlanta-96 e actual plusmarquista nacional dos 5.000 m. Julia Vaquero do S.D.Compostela Atletismo quen lidera a representación galega máster e cuxo obxectivo pasa por  revalidar o título nacional F50 logrado o ano pasado.

Xosé Lois Otero do C.A.Santiago será outro dos galegos importantes na categoría M70 a quen veremos na loita polos metais como xa fixera no 2019 cando lograba a prata e o subcampionato nacional. Xunto eles non perderemos de vista a presenza tanto de Teresa Castro do Atletismo Noia como de Nemesio Gutierrez do Atletismo Friol

Mención aparte ten o atleta Alejo Ares do ADAS Cupa, quen na súa condición de local acaparará todo o cariño e apoio do importante número de afeccioadas e afeccioados que se agarda acudan ao circuito, e no que intentará lograr un bo resultado como no ano 2018 no que remataba terceiro no nacional absoluto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.