Vigo celebra este fin de semana a Brincadeira de Bouzas

O 7 e 8 de maio volve a Brincadeira de Bouzas na súa XVII edición, logo de non terse celebrado por mor da pandemia no ano 2020 e 2021. Abel Caballero achegarase á festa “nun magnífico fin de semana, con decreto de non choiva para que gocemos da Brincadeira”.

O mercado abrirá ás 11 da mañá do sábado. Haberá obradoiros de cerámica o música durante as dúas xornadas, cos grupos de folk, Airiños de Pontecaldelas e Son do Verdugo. Haberá concerto do grupo A Roda o domingo ás 20 horas. A representación será na zona da pérgola o sábado ás 16 horas ao cago da Asociación Cultural Catro Ventos. O domingo será ás 13 horas a cargo da compañía Porta Aberta”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.