Vilalba acolle un curso de elaboración de conservas artesanais

O Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo organizan un curso de elaboración de conservas artesanais para o que haberá 15 prazas

O curso impartirase na praza de abastos de Vilalba os días 13 (de 16:00 a 20:00 horas) e 14 de maio (de 10:00 a 14:00 horas). A docente será Amparo Grandío Rodríguez, licenciada en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos, enxeñeira técnico agrícola e diplomada en Ciencias Químicas.

A través deste curso, aportaranse os coñecementos prácticos e teóricos que permitan ós alumnos e alumnas elaborar conservas de alimentos seguras e concienzalos sobre a necesidade da aplicación das Boas Prácticas de Manufactura.

Ademais, capacitarase ós alumnos para que poidan elaborar conservas de verduras seguras. O envasado é un método de preservación dos alimentos polo cal quedan protexidos ante xermes patóxenos, mediante a esterilización ou pasteurización, sempre acompañada do control de pH e/ou actividade de auga.

Trátase dun curso dirixido a todas aquelas pesoas que teñan inquedanzas tanto particulares como profesionais relacionadas coas conservas artesanais. Dirixido a emprendedores, persoal gastronómico, e toda persoa interesada en iniciarse na elaboración de conservas con técnicas, procedementos e normas de calidade requeridos.

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse no rexistro do Concello de Vilalba (as prazas asignaranse por orde de inscrición).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.