Xoana Almar realiza un mural sobre a liberdade de expresión nas instalacións de Radio Taxi, no parque da Milagrosa

Rubén Arroxo: «Seguimos avanzando na renovación da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa, cun novo mural dentro do proxecto Culturban»

A terceira edición do festival de arte urbano Culturban, posto en marcha pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte comezou coa elaboración dun mural no exterior das instalacións de Radio Taxi, no parque da Milagrosa. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a zona xunto con concelleiras e concelleiros do Goberno de Lugo. «Con este novo mural seguimos avanzando na renovación da imaxe das instalacións do Parque da Milagrosa», explicou Rubén Arroxo.

A creación deste mural foi promovida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que contou coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, para celebrar o Día Internacional da Liberdade de Prensa. A artista, Xoana Almar, integrante do colectivo Cestola na Cachola, traballa nunha proposta fundamentada nun dos principios básicos do xornalismo, que resume a profesión en tres accións, ir, ver e contar. Ademáis, visibiliza o papel das mulleres como a maior forza de traballo das redaccións de toda Galiza, e a importancia de escoller voces e olladas femininas como fonte de información para reflectir axeitadamente a pluralidade.

Rubén Arroxo explicou que «desde a concellería de Infraestruturas realizamos nestes anos unha serie de intervencións que permitiron renovar a imaxe do parque da Milagrosa», e destacou «a renovación do exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actuación executada durante o 2020 que foi moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque, e que durante o 2021 permitiu realizar unha gran cantidade de actividades no exterior do auditorio».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.