Xuntos Carballo M+J pide a o concello que informe do custe e da duración das concesións dos aparcadoiros da rúa Grabador Facal

“É un feito que a desaparición de aparcamentos de diversas zonas céntricas da vila, obriga a buscar alternativas. Este problema acentuouse non só na área do centro, senón en outras coma na estrada de Razo, na rúa Vázquez de Parga ou preto do colexio Bergantiños”

“A alternativa do actual goberno é chegar a acordos con distintos propietarios para a cesión de terreos a cambio de quedar exentos de pagar o IBI,polo que en realidade non deixa de ser un alugueiro con diñeiro público, ao que se xunta o acondicionamento a conta das arcas públicas” denuncian dende Xuntos Carballo.

Nas derradeiras datas estase anunciando a posta en funcionamento de duas novas zonas habilitadas na rúa Grabador Facal, que sempre son benvidas e necesarias. A pregunta e canto nos van custar a veciñanza, e por canto tempo están cedidos ditos espazos?. Sabemos que un deles vai durar en principio ata finales de ano, con posible prórroga (según información recollida de persoas próximas a os propietarios).O máis grande deles, e para o cal se requeriu un gran traballo de desmonte (con empresa privada) e de mán de obra por parte de operarios do concello descoñécense as condicións do acordo.

“Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos que se informe a cidadanía sobre a inversión feita e do tempo que vai durar a concesión , engadindo non só o referente a o traballo , firmes e demais acondicionamento,senón tamén a cantidade de IBI que se vai deixar de ingresar. En definitiva o custe real que vai sair do diñeiro de todos/as os Carballeses/as. Un dito que refrexa moi ben actual xestión municipal: pán para hóxe , fame para mañán”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.