Xuntos Carballo M+J recolle queixas na Brea, no Paseo do Anllóns e na rúa Pino

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Mendez Lema, desprazáronse ata varios puntos do concello de Carballo para recadar distintas queixas veciñais que se lle transmitiron

Dende o Parque do Anllóns ao carón da fonte, chegou unha nova  reinvindicación dunha arqueta cun burato que pode causar graves danos a os paseantes, a o que se xunta o mal estado do firme de madeira.

Dende a Brea a necesidade de arranxar o arame ao carón do campo de xogos, pois o estado e tan malo que a pelota transpasa dita protección e causa danos na colleita agrícola situada moi preto.

Para rematar a entidade APEM ten problemas no acceso co  transporte pola pista que enlaza a rúa Pino coa asociación, “que está nun estado vergoñento. Aínda que foi pedida de maneira presencial, a resposta foi que non se iba arranxar, polo que consideramos que para quen fai unha labor social e de solidariedade non é para nada unha resposta axeitada”.

“Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos a o concello que se poña máns a obra para rematar con estas tres demandas veciñais no menor tempo posible. Asimesmo queremos aproveitar para dar as grazas a veciñanza polo apoio recibido a o noso acto de aniversario celebrado este domingo e de presentación de M+J Galicia”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.