Xuntos Carballo M+J recolle queixas veciñais pola mala organización do Pequebasket

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de obras e servizos José Luis Bardanca achegáronse ata a rúa Carballo Calero, para recoller o inmenso malestar que existe entre a veciñanza de dita zona,en canto a organización se refiren

Contan os veciños/as , que as nove da mañán foron chamados a os seus timbres por parte da policía local para que retiraran os seus vehículos da vía. Moitos optaron por aparcar nun aparcadoiro de terra situado na mesma estrada, pero tamén se lle impediu facelo polo que tiveron que estacionar moi lonxe dos seus domicilios.

Máis tarde esas prazas foron ocupadas por outros vehículos. A cidadanía non entende porque  lle mandan liberar o espazo a eles/as e  pouco despois eses mesmos sitios volven estar ocupaos .»Pasa todos os anos o mesmo, erguennos as nove da mañán en festivo, obrígannos a retirar os vehículos e se fas algunha pregunta contestanche mal. Estamos fartos desta situación que acontece por estas datas. Para máis se colocan os inchables e queres meter o vehículo no garaxe (para quen dispón de plaza) tes que circular polo medio dos cativos» dí un dos residentes.

“Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto estamos a favor de actos culturais e de lecer que se fagan para a cativada e para a veciñanza en xeral,pero sempre ben organizados, e contando e falando cos habitantes das zonas onde se leven a cabo. O que non se pode e facer as cousas no mesmo día,sin aviso previo e sen buscar solucións alternativas días antes. Ante todo isto pedimos a o concello que realice unha mellor xestión e organización de eventos pois según as queixas recollidas hóxe e moi mellorable” sinala Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.