Xuntos Carballo M+J segue visitando entidades sociais

A pasada semana a formación municipalista empezou a rolda de contacto coas diferentes asociacións sen ánimo de lucro que deserrolan a súa actividade no concello

A primeira entidade en ser visitada foi APEM, que se centra na saúde mental. Desta volta o secretario local, voceiro e responsable da área social Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade tráfico e mobilidade, Perfecto Méndez Lema veñen de visitar outras tres asociacións.

Tivo lugar unha pequena xuntanza informal coa Cruz Vermella onde se falou de diferentes temas. Posteriormente os dous representantes da formación visitaron Vieiro e para finalizar pasaronse por Afaber. Esta primeira visita busca abrir o camiño para ter posteriores xuntanzas individualizadas, onde recoller as distintas inquedanzas ou queixas, que de primeira mán recollen as organizacións dos distintos usuarios/as.

«Fomos moi ben recibidos por todas as entidades,e damos as grazas por iso. Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto estaremos a o carón de todas e cada unha destas organizacións porque fán unha gran labor solidaria e humanitaria».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.