XXIII Exhibición de Ximnasia Rítmica en Abegondo

Este domingo celebrouse a XXIII Exhibición de Ximnasia Rítmica en Abegondo no pavillón de San Marcos
O evento contou coa participación de máis dun centenar de ximnastas pertencentes aos clubs: CEIP Graxal, Milenium, Ximnasia rítmica Abegondo, A Mesía, Apóstol Santiago, EX Acordes, X.R. Carral, Colexio Obradoiro e Club Viravolta de Santiago.
A exhibición comezou ás 11.30 horas e alongouse ata as 13.00 horas cando deu comezo a entrega de premios. As ximnastas realizaron exercizos de gran calidade técnica dos que gozaron os máis de 200 asistentes, entre os que se atopaba o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso.