A Delegación da Xunta en Lugo ofrece este mes a exposición de retratos Miradas do Imperio, de Alfredo Eiras

O delegado territorial, Javier Arias, e o autor inauguraron hoxe a mostra, que se suma ao Arde Lucus ofrecendo visitas guiadas este venres

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle durante este mes a exposición de retratos Miradas do Imperio, de Alfredo Eiras, con máis de 40 cadros que representan a emperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III, con especial relevancia dos galaicorromanos lucenses.

A mostra foi inaugurada hoxe polo delegado territorial, Javier Arias, e o propio autor. Este venres día 10, coincidindo co Arde Lucus, Eiras ofrecerá visitas guiadas pola exposición, ás que foron invitados os colexios da provincia. Como experto na materia, achegará explicacións e anécdotas destes persoeiros e a súa pegada na cidade de Lugo.

Eiras é historiador e pintor, coñecido polos seus debuxos sobre a arte e historia medievais galegas. Nesta exposición inclúe tamén pinturas das estelas de Crecente e Adai, replicando os monumentos funerarios de granito que se conservan no Museo Provincial de Lugo.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.