A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle mañá un curso para 24 membros de Protección Civil

A actividade, presencial e gratuíta, ten por obxecto formar ao persoal voluntario no manexo dos desfibriladores externos

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle mañá un curso para 24 voluntarios de agrupacións de Protección Civil da provincia, dentro do programa de formación continua impulsado pola Administración autonómica a través da Academia Galega de Seguridade Pública.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que esta actividade ten por obxecto formar aos participantes no manexo dos desfibriladores externos, co fin de  aumentar as taxas de supervivencia dos pacientes e acadar un acceso precoz ao sistema de emerxencias médicas; así como acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación.

O mesmo persoal voluntario vén de participar no curso básico impartido hai uns días na Delegación Territorial da Xunta para ofrecer a efectivos de novo ingreso coñecementos sobre accidentes e autoprotección, loita contra incendios, comunicacións ou actuacións básicas ante emerxencias médicas.

A formación é gratuíta e está enmarcada na programación do primeiro semestre do ano, que inclúe oito cursos na provincia de Lugo con 191 prazas para voluntariado de Protección Civil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.