A exposición “Unha nación, unha selección” pode visitarse desde hoxe no Valadouro

Organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, percorreu xa Viveiro, Foz e Ribadeo e Barreiros

Na mañá de hoxe inaugurouse a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta  coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz, Ribadeo e Barreiros.

Asistiron á presentación o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro, o representante de Vía Galega Anxo Martínez,  e representantes de clubes da localidade. A exposición pode visitarse a partir de hoxe na rúa Xosé Antonio Ferreiro González, a carón da piscina municipal, e durante dúas semanas.

Proposición non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir  coas súas seleccións deportivas

Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza  a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes  e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.