A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA apoia a xestión e as contas de 2021

A Xunta celebrouse presencialmente con posibilidade de participación telefónica e telemática

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA, presidida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, aprobou esta mañá, na súa reunión anual ordinaria, as contas anuais de 2021 e a xestión da entidade no ámbito da responsabilidade corporativa durante o pasado exercicio. No encontro, no que estivo representado o 92,25% do capital social da entidade, aprobáronse por unha ampla maioría as nove propostas de acordos recollidas na orde do día.

A Xunta celebrouse presencialmente e contou coa posibilidade de participar por vía telemática e telefónica para asegurar a participación dos accionistas.

Os accionistas apoiaron co seu voto as contas anuais individuais e consolidadas do exercicio 2021. Ao peche do exercicio, ABANCA superou os 107.000 millóns de volume de negocio e situouse como unha das entidades españolas con mellor calidade de activos, cunha taxa de morosidade do 2,1%, e coa maior cobertura de activos improductivos, un 76,4%. O banco mantivo un elevado nivel de capitalización e unha sa estrutura de financiamento.

Outros acordos

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA aprobou o nomeamento de José Manuel González-Páramo, a reelección de Leticia Iglesias e a ratificación como conselleira de Rosa Sánchez-Yebra. O Consello de administración de ABANCA, seguindo as mellores prácticas de goberno corporativo, está formado por 12 membros, 8 deles independentes, o que supón un 75% do total.

O máximo órgano de representación da entidade financeira aprobou a actualización da Política de Remuneración do Consello de Administración e o cociente máximo entre os compoñentes fixos e variables da remuneración total de conselleiros executivos e outros empregados pertencentes a categorías cuxas actividades profesionais incidan de maneira significativa no perfil de risco.

En materia de bo goberno, ABANCA continúa avanzando na implantación das mellores prácticas en Goberno Corporativo, entre elas as recomendacións do Código de Bo Goberno, e conta por segundo ano coa verificación externa do seu modelo de gobernanza. O informe de verificación foi validado por KPMG Asesores, que tamén verificou a Memoria Corporativa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.