ACiP presenta a pleno unha moción urxente para dirixirse o Ministerio pola depuradora da Moscadeira

Sen esta obra o saneamento das parroquias quedará parado de novo

Alternativa Ciudadana de Ponteareas demanda a ACUAES (Aguas de las Cuencas de España), sociedade mercantil estatal que esta ligada o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a revisión de forma urxente do proxecto de mellora da depuradora de A Moscadeira, ante a falta de empresas presentadas o concurso. Esta empresa realiza un licitación de 7.032.753 euros e cunha infraestrutura executable en 30 meses, quedando o concurso deserto.

“Moito nos tememos dende a nosa formación, que por parte do Ministerio estase a demoralo de forma premeditada, evitando realizar esta inversión de máxima urxencia para Ponteareas e toda a comarca, xa que os vertidos o Tea son prexudiciais tamén para as poboacións lindeiras” denuncian.

A este proxecto non se presentou ningunha empresa, por unha cuestión económica, ao ser irreal esa contía fixada nos pliegos, que contan con problemas na súa redacción e impiden que teña uns criterios mínimos para que as empresas se presenten. “Queremos remarcar que tras o acordo de Estado; Xunta de Galicia e Concello de Ponteareas, resulta inadmisible que este proxecto se estanque sen unha execución inmediata”.

Como sinala González Carrera: “Esiximos que o goberno municipal se dirixa de forma inmediata o Ministerio de Transición Ecolóxica para que licite de urxencia un modificado do proxecto, evitando que se demore máis a posta en marcha desta infraestrutura. En Ponteareas levamos moitos anos pagando multas económicas de calado, debido os vertidos, chegando os 100.000 euros anuais. A par isto está provocando un dano ecolóxico irreparable, polo que a obra non pode dilatarse máis”.

Esta instalación ademais, permitiría poder continuar cas obras de saneamento das parroquias de Ponteareas, xa que a Confederación Hidrográfica non permite a continuación destas tarefas ata que se realice a ampliación da depuradora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.